O sistema de apertura de xanela pregable ou de “librillo” permite que as follas plieguen una sobre outra. Poden recollerse ao carón da xanela, ou a ambos segundo a configuración escollida. Pero permitindo en calquera dos casos a apertura do 100% do oco e apenas ocupando espazo as follas encartadas.p>
Así mesmo, as xanelas pregables realizadas en perfilería con rotura de ponte térmica e combinadas cun dobre acristalamento termoacústico conseguen elevados niveis de illamento. Están recomendadas tanto para o exterior en terrazas e sitios onde queiramos gozar do bo tempo como para o interior como separadora de zonas. Tamén para aqueles negocios que necesiten unha ampla apertura nas súas fachadas.