O sistema de apertura das xanelas oscilobatientes está baseado na practicable, pero ten dúas posibilidades de eixo de xiro: un vertical e outro horizontal, de forma que desde a mesma manilla pódese optar por abrir das dúas maneiras.
Resulta unha opción moi interesante para poder ventilar sen necesidade de abrir a xanela na súa totalidade. Do mesmo xeito que as xanelas practicables ofrecen a posibilidade de abrir o 100% do oco e un alto nivel de illamento termo-acústico e de hermeticidade.