O vidro vinilado é unha solución de decoración, tanto para vidros de nova colocación como para vidros xa existentes, xa que se trata dunha lámina adhesiva con elementos decorativos que se fixa ao vidro.
Vidro Vinilado
Un extra de personalización.
Traballamos dous tipos de vidro vinilado:
Vinilo impreso:
Utilizando vinilo impreso, pódese realizar dhesivos personalizados a todo corem, , tales como fotografías ou deseños creados polo cliente. Utilizado para crear rechamante publicidade en cristaleiras de escaparates, paisaxes de ilusión para xanelas con vistas desfavorecidas, ou biombos retroiluminadas onde o vidro ademais de levar vinilo é iluminado pola súa banda traseira, creando un efecto rechamante e destacando o motivo escollido para o vinilo.
Vinilo de corte:
Realízase o deseño en vinilo de corte (cores planos). Recomendado para traballos como os adhesivos para cristais de vehículos, adhesivos decorativos para divisións de vidro, biombos de baño, xanelas… ou simplemente para personalizar calquera cristal.
Cóntanos o teu proxecto!
Contacta connosco para solicitar máis información acerca das nosas opcións de vidro vinilado e os proxectos que podemos acometer con el. Estaremos encantados de atenderche e buscar a solución que mellor se adapta ao teu proxecto.