Denominamos vidro monolítico a aquel constituído por unha única lámina de vidro para diferencialo do vidro composto constituído por dous ou máis láminas, como sucede co vidro de seguridade laminado, ou co dobre acristalamento.
Dentro dos monolíticos atopamos infinidade de variedades:
O denominado vidro recocido ou float, (en referencia ao seu proceso de fabricación) pode ser incoloro, que é o vidro común utilizado comercialmente e que atopamos en espesores desde 2 a 19 mm, de cor (gris, verde, bronce, #etc ) ou extraclaro, que é un vidro con baixo contido en óxidos de ferro e especialmente nítido, xa que non presenta a tonalidade verde propia dos vidros.
Os vidros decorados tamén se atopan neste grupo, con infinidade de motivos e texturas que xa veñen impresos ou gravados de fábrica, tales por exemplo e só por citar algúns deles, o delta, o escarcha ou o picks. Os vidros armados (con arame no seu interior), os vidros mateados ao ácido ou ao chorro de area, ou os vidros lacados, tamén se atopan dentro dos vidros monolíticos.