
Biombos de ducha
e baño de cristal
Dispoñemos dunha ampla variedade de biombos de ducha e baño de cristal, tanto de fabricación a medida como de deseño estandarizado para os distintos pratos de ducha e bañeiras. Estamos en Coruña e prestamos servizo a toda Galicia.
”Deseño e comodidade
Nosos biombos de baño proporcionan a partes iguais deseño, comodidade e hixiene. Adaptámonos aos gustos e necesidades dos nosos clientes, tan só cóntanos o que necesitas.
Ademais podemos fabricar o teu biombo de ducha ou baño en cristal transparente, decorado, translúcido ou mesmo con vinilos decorativos autoadhesivos.
Elixe biombos de baño ou ducha Camarglass.
Se estás a buscar unha empresa de confianza que fabrique biombos de baño ou biombos de ducha de cristal a medida, animámosche a contactarnos para solicitar máis información. Estaremos encantados de atenderche e buscar a solución que mellor se adapta ao teu proxecto.